novembro, 2017

16nov21:00MUNICIPALPonteatro 2017 - "A noiva de Don Quixote"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A compañía EME2 presenta a obra “A noiva de Don Quixote”, dentro do ciclo Ponteatro 2017.

Despois da morte de don Quixote, as esperanzas de Dulcinea do Toboso de casar como Deus manda están case tan desaparecidas coma o fidalgo. E aínda máis se en realidade te chamas Aldonza Lorenzo, non es dama, nova nin bela, e traballas de camareira nun mesón cervantino, preto da autovía, nalgún lugar da Mancha

Dulcinea disponse a atravesar o seu particular dó con humor, con ironía, con emoción… Pero tal vez o principal misterio sexa a verdadeira identidade que se agocha tras a propia Aldonza.

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa