novembro, 2017

09nov21:00MUNICIPALPonteatro 2017 - "Elisa e Marcela"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A Panadaría (coprodución co CDG) presenta a obra “Elisa e Marcela” dentro do ciclo Ponteatro 2017.

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario.

A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado, mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia.

Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa