decembro, 2017

14dec21:00MUNICIPALPonteatro 2017 - "A canción do elefante"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A compañía Redrum Teatro presenta a obra “A Canción do Elefante”, protagonizada por Ernesto Chao, Susana Dans e Guillermo Carbajo.

Magnético thriller psicolóxico onde un doutor e un paciente mateñen un fascinante xogo dialéctico na procura de pistas que axuden a esclarecer a desaparición doutro psiquiatra. Que lle pasou ao doutor Lourenzo? Por que desapareceu sen deixar pegada? Sabe algo Miguel, o seu último paciente?

Estamos fronte a unha obra dunha precisión milimétrica na trama e brillante na construcción dos personaxes que non deixará indiferente a ningún espectador, e que posúe ecos das mellores novelas de misterio ou do mellor cine de suspense.

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa