agosto, 2018

14ago19:30MUNICIPALPíscore presenta "Concerto Singular"19:30 Praza do Teucro. 36002 PontevedraEvento tipo:Escena,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Píscore presenta o espectáculo musical para público familiar “Concerto Singular”. Premio do Público Festiclown 2017.

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado.

Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Píscore é unha compañía de nova creación que chega para aportar música e humor á escena galega. Na mellor tradición das compañías que mesturan a excelencia musical co humor, Píscore chega a cubrir este oco en Galicia na liña de recoñecidas formacións estatais.

Creada en 2016 por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, catro músicos galegos formados cos mellores mestres galegos e internacionais, Píscore pretende mesturar a mellor música e moito humor, ritmo e comedia xestual. Píscore é unha compañía destinada a facerse un oco a forza de orixinalidade e gargalladas.

Entrada de balde.

Consulta o programa completo das Festas da Peregrina 2018

 

Hora

(Martes) 19:30

Localización

Praza do Teucro

Praza do Teucro. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa