xaneiro, 2019

19xan10:00MUNICIPALPINTO E MARAGOTA. PROGRAMA MUNICIPAL POLA DIVERSIDADE SEXUAL10:00 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Carme Fouces, pon en marcha unha nova liña de traballo básica e estratéxica, que atravesará a acción municipal en todos os eidos, co fin de empurrar cara o derrube do patriarcado; favorecer a vida en igualdade das persoas lesbianas, gais transexuais e doutros colectivos respectando a súa diversidade sexual e de xénero; promover, defender e garantir os dereitos do colectivo LGTBIQ+ ; favorecer a súa visibilización e promover a empatía de todos os pontevedreses e pontevedresas coa diversidade.

Cando “estamos a vivir un rearme do sistema patriarcal que están tentando varrer e combater os avances do feminismo -que hoxe en día non se entende sen a diversidade de raza, de xénero ou de sexo-“ e hai que “responder e dar a cara”, reflexiona a concelleira de Igualdade. Carme Fouces presentou o programa Pinto e Maragota pola diversidade sexual, cuxo pistoletazo de saída vai a ser a xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” que terá lugar o sábado 19 de xaneiro no Pazo da Cultura.

Pinto e Maragota vai máis alá do que se entende por un programa municipal. Inclúe accións formativas, de visibilización, de lecer (vermú-faladoiros, clubs de lectura, cinefórum,..) e obradoiros e tamén atención baixo demanda de persoas de colectivo LGTBIQ+ e familias; apoio á formación da Policía Local para atención da diversidade sexual e fronte a LGTBIQfobia; a posta en marcha dun Observatorio LGTBIQ+, etc. Haberá accións xerais, dirixidas a toda a veciñanza e tamén accións específicas nos centros educativos e no rural. Ademais Pinto e Maragota contará cunha web – www.pintoemaragota.gal– e redes propias (facebook e instagram).

Pontevedra é unha cidade “tolerante, respectuosa e acolledora” lembrou a concelleira Carme Fouces quen non dubida da boa acollida da proposta.

 

XORNADA DE FORMACIÓN
Sábado 19 de xaneiro de 2019. Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

A DIVERSIDADE SEXUAL NAS AULAS
Materia pendente?

10:00 h Presentación
A NECESIDADE DE OLLARMOS CARA AO DIVERSO
Carme Fouces, Concelleira de Cultura, Educación e Igualdade

10:15 h
O SILENCIO EDUCA: A MALA EDUCACIÓN SEXUAL
Martina G. Veiga. Sexóloga

11:15 h
A REALIDADE TRANS NOS CENTROS DE ENSINO
Cristina Palacios. Presidenta da Asociación Arelas

12:30 h
EXPERIENCIAS TRANS-FORMADORAS
Grupo LGTBI do Politécnico de Vigo
Ana Ojea, docente e titora LGTBI, acompañada de alumnado

13:15 h
A VOZ DA MOCIDADE DIVERSA
Nee Barros, Brais Papiri, Clara Candisano e Laura de Sousa

DESCANSO

16:00 h
A DIVERSIDADE SEXUAL NA LITERATURA XUVENIL:
“Fóra do normal”, “DX”, “Mamá, eu quero ser Ziggy Stardust” e “22 segundos”
Diálogo entre as autoras María Reimóndez, Eli Ríos, Iria Misa e Eva Mejuto

17:00 h
FERRAMENTAS PARA COMBATER O BULLYING LGTBFÓBICO
R. Lucas Platero. Pedagogo e activista LGTBI

18:30 h
EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL NAS AULAS: “Ám@te”
Os mitos do amor romántico e as redes sociais
Amada Traba. Socióloga

 

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E IGUALDADE
Inscricións gratuítas no email: info@pintoemaragota.gal e no teléfono: 604 024 645.

Xornada de Formacion Diversidade Sexual Pontevedra

 

Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa