novembro, 2019

12nov(nov 12)00:0013dec(dec 13)00:00MUNICIPAL"Picasso, a viaxe do Guernica". Exposición na Praza de España(novembro 12) 00:00 - (decembro 13) 00:00 Praza de EspañaEvento tipo:Exposicións,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Un artista extraordinario. Un momento histórico crucial. A pintura como plasmación de sentimentos persoais e colectivos, e a súa inmensa capacidade de transcender o museo e saír á rúa. Guernica (1937) de Pablo Ruiz Picasso (1881-1973) é, sen dúbida, unha das obras máis emblemáticas da arte do século XX. Picasso aceptou pintar un cadro para o Pavillón de España na Exposición Internacional de París de 1937.

Guernica foi a súa resposta ao encargo do Goberno da Segunda República española, en plena Guerra Civil. Emblemático pola súa historia e polos valores simbólicos que representa -tanto artísticos como políticos-, que sintetizan os debates do seu tempo, ao seu carácter referencial para a arte moderna engádese o feito de que, xa no momento da súa creación, recoñeceuse Guernica como símbolo antibelicista e de loita pola liberdade, valores que encarna aínda nos nosos días.

Con motivo do 80 aniversario da creación desta obra mestra, ”La Caixa” e o Museo Reina Sofía presentan Picasso, a viaxe do Guernica, unha exposición nun innovador formato itinerante de 200 metros cadrados que profunda na historia de Guernica a partir das súas viaxes e usos desde os seus inicios.

A exposición terá lugar do 12 de novembro ao 13 de decembro de 2019 na Praza de España, de Pontevedra.

Horario: luns a venres de 12:30 a 14 :00 h. e 17:00 a 21:00 h. Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h.

Visitas guiadas para o público xeral
De luns a domingo, pases cada 30 minutos (último pase 30 minutos antes do peche): mañás de 12.30 h a 14 h, e tardes de 17 h a 21 h

Visitas para grupos escolares e outros colectivos
De luns a venres, de 9.30 a 13.30 h e de 15 a 17 h.
Con cita previa chamando ao 900 80 11 37.

Hora

Novembro 12 (Martes) 00:00 - Decembro 13 (Venres) 00:00

Localización

Praza de España

Praza de España

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa