febreiro, 2018

05febTodo o Día05mai'A palabra común', obradoiro de escrita creativa para adultos con María Lado(Todo o Día) Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

A maneira máis fácil de aprender a escribir é escribir. Escribir moito. Pero non nos enganemos, as musas son rapazas moi ocupadas e non sempre nos visitan. Por iso é bo ter as nosas propias técnicas e recursos, pois hai moitas cousas que podemos aprender e practicar. E todo isto sen perder de vista que tan importante é pasalo ben mentres se escribe. Gozar coa palabra.

Este obradoiro está dirixido a todas aquelas persoas que senten pracer pola escrita, teñan ou non experiencia. O seu obxectivo é ofrecerlles ferramentas personalizadas coas que poidan enfrontarse ao papel en branco, afrontar a creación dun texto literario de calquera tipo ou simplemente experimentar e sorprendernos. A través de exercicios, xogos e actividades moi diversas exploraremos, aprenderemos, escribiremos, gozaremos e leremos. Compartiremos esa paixón común que temos pola palabra.

O obradoiro é para adultos e comezará o 5 de febreiro. Serán dúas sesións quincenais de dúas horas ata maio. Esta actividade non é gratuita.

Para máis información escribide a librariapaz@gmail.com

 

Hora

Febreiro 5 (Luns) - Maio 5 (Sábado)

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa