febreiro, 2020

18feb20:30MUNICIPAL"Otto e mezzo" - Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección de “Otto e mezzo” (Federico Fellini, 1963, 138 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Guido Anselmi (Marcello Mastroianni), alter-ego do propio Fellini, é director de cinema e atravesa unha profunda crise creativa. Mentres procura as desexadas fontes de inspiración, vaise sumir progresivamente nos seus recordos, soños, pantasmas e alucinacións. No balneario en que prepara o seu filme, muller, amantes, actrices, produtor, crítica, todos tratan de influír en Guido, que decide traballar con base nestas vivencias, unha xuntanza de presente, pasado e fantasías. Cinema dentro do cinema.

Óscar ao Mellor Filme de Fala Non Inglesa e ao Mellor Vestiario, 1963.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asociate: 60 € (ano), 18 € (trimestre) ou 3 € (pase).

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa