setembro, 2018

27setTodo o Día19xan"Da razón de Goya aos monstros de Dalí". Exposición no Café Moderno(Todo o Día) Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

Un total de 80 obras asinadas por Dalí xunto con gravados de Goya conforman esta exposición comisariada por Julio Niebla, encargado de realizar proxectos internacionais sobre Dalí e grande estudoso da obra de Goya.

O proxecto, deseñado exclusivamente para Afundación, amosa os dous xigantes da pintura nun diálogo a través da serie “Los caprichos”, abordada por Goya entre 1796 e 1799 e revisada por Dalí dous séculos máis tarde. O catalán, fascinado por esta serie de gravados, apoiouse na técnica do heliogravado para realizar réplicas exactas e intervir sobre elas. Os vicios e os desatinos humanos, a vanidade, o sexo, a mentira e a ignorancia, son os temas que protagonizan estas obras.

Unha colaboración entre a Fundación Museo de Artes e Afundación.

Do 27 de setembro ao 19 de xaneiro, no Café Moderno Afundación. Praza de San Xosé, 3. Horario: de luns a venres, de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h.

Hora

Setembro 27 (Xoves) - Xaneiro 19 (Sábado)

Localización

Café Moderno Afundación

Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa