decembro, 2017

14dec20:30"OLEANNA", con Fernando Guillén Cuervo e Natalia Sánchez20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena

Máis

Detalles do Evento

No ano 1992, o ano en que o corenta e un presidente dos Estados Unidos, George H. W. Bush, apuraba o seu único mandato, viu a luz Oleanna, obra do dramaturgo estadounidense David Allan Mamet (Chicago, 1947).

Carol, é unha estudante universitaria que chega ao despacho do seu profesor para pedir que lle suban a nota dunha materia, a partir desta sinxela premisa arrinca unha das obras máis turbadoras de David Ma met.

A función estreouse coincidindo cunha causa que tiña lugar nos tribunais: a denuncia contra o xuíz Thomas, candidato ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos, por acoso sexual a unha profesora universitaria. A obra estreouse con gran polémica, vivíronse episodios vehementes chegando a ver espectadores enfrontados a puñadas no vestíbulo do teatro despois da representación. Algúns sectores da sociedade estadounidense acusaron o autor de oportunista, misógino e machista. Mamet defendeuse alegando que el comezara a escribir Oleanna moitos meses antes do caso e que como autor dramático non tiña ningunha responsabilidade política: “Son un artista, escribo obras, non propaganda política. Se buscan solucións fáciles, acendan a televisión. Eu non teño respostas” Mamet, evidentemente, é un autor que foxe das verdades absolutas, dos dogmas preestablecidos e do politicamente correcto, por iso é polo que se cualifique ao autor, entre outras moitas cousas, de polémico. Oleanna é unha historia sobre a loita de poder entre dúas persoas. Iso si, unha encarnizada loita onde se mestura o acoso sexual ademais de cuestionar o sistema académico vixente para suxerirnos que hai algo máis do que parece a primeira vista, querendo revelar unha verdade oculta. Mamet cóntanos que estes dous personaxes están equivocados e que ao mesmo tempo levan razón.

A lectura de Oleanna provoca desasosego e incerteza neste mundo onde necesitamos identificar claramente quen é o malo e quen é o bo e se non chegamos a descubrilo realmente é porque todos somos esa estudante e todos somos ese profesor.

Todos loitamos algunha vez para que a nosa razón impere sobre a razón do outro e todo por non querer asumir sinxelamente que o que non se entende asústanos.

Duración: 95 minutos parox.

Idades: Maiores de 16 anos.

Elenco: Fernando Guillén Cuervo e Natalia Sánchez

Escenografía: Mónica Boromello

Iluminación: Juan Gómez Cornejo

Vestiario: Almudena Rodríguez

Fotografa: Sergio Parra

Deseño Gráfico: David Sueiro

Autor: David Mamet

Director: Luís Luque

Produtores: Jesús Cimarro e Xabier Aguirre

Prezo: desde 20 €. Entradas á venda en ataquilla.com

 

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa