xaneiro, 2020

21xan01marOBRADOIROS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA(xaneiro 21) 00:00 - (marzo 1) 00:00 Campus Pontevedra. Universidade de VigoEvento tipo:Cursos

Máis

Detalles do Evento

Sete talleres abertos ao conxunto da cidadanía conforman o programa de obradoiros de Extensión Universitaria impulsado pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra para o segundo cuadrimestre.

De 30 e 32 horas de duración, entre esta serie de talleres figuran novas propostas como o cultivo de cogomelos ou o adestramento mental no deporte, así como un curso de escalada en rocha ou un taller de iniciación á cerámica.

Xunto a estas actividades, entre febreiro e abril desenvolveranse no campus novas edicións dos obradoiros de creación de páxinas web con Wordpress, control de son en radio e lingua de signos.

Prezo: 40 € para o público xeral, cun 35% de desconto para integrantes da comunidade universitaria.

+info. en uvigo.gal

 

Hora

Xaneiro 21 (Martes) 00:00 - Marzo 1 (Domingo) 00:00

Localización

Campus Pontevedra. Universidade de Vigo

Campus Pontevedra. Universidade de Vigo

X