xaneiro, 2019

20xanTodo o Día05febObradoiro de escrita creativa con María Lado(Todo o Día) Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Como a literatura pode cambiar (un pouco) as nosas vidas.

Obradoiro de escrita creativa con María Lado.

O obradoiro quere achegar ás persoas participantes á literatura, tanto á escrita como á lectura, de maneira creativa e lúdica. Para iso, empregaranse pequenos exercicios que van dende xogos de escrita colectiva ata intervencións de inspiración artística con base na literatura, pasando pola elaboración de textos propios e a creación de contidos en diversos formatos.

A través de estas actividades diversas, que van máis aló do simple feito de escribir e que procuran o contacto co entorno, a expresión oral e a experimentación, búscase que a relación coa literatura se convirta nunha experiencia singular. En definitava, algo que nos emocione e nos sorprenda.

A literatura pode cambiar (un pouco) o noso mundo porque con ela podemos relacionarnos co que nos rodea. Este obradoiro busca esas pequenas accións que nos axudan a espallar o amor pola lectura e a escritura máis aló dos muros do libro.

Este é un obradoiro para espertar o amor pola literatura.

O obradoiro comezará o 5 de febreiro.

Para información do prezo e datas escribide a librariapaz@gmail.com

 

Hora

Xaneiro 20 (Domingo) - Febreiro 5 (Martes)

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa