xuño, 2018

16xuñ10:3013:30Obradoiro Caderno / Postal / Poema con Ismael Ramos10:30 - 13:30 Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

Nin obradoiro de escrita literaria, nin clase mestra, máis ben espazo de exploración, cuestionamento e descuberta. Por que escribimos? Para que escribimos? En que situacións? Neste curso intensivo de tres horas con Ismael Ramos reflexionaremos sobre aquilo que lle é común a calquera expresión escrita, sobre aquilo que nos conduce do apuntamento nun caderno á postal, e da postal aberta a un poema.

Sábado 16 de xuño, de 10:30 a 13:30 h. na Libraría Paz.

Para información do prezo e inscripcións escribide a librariapaz@gmail.com

 

Hora

(Sábado) 10:30 - 13:30

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa