decembro, 2019

21dec12:00MUNICIPAL“O MEU VECIÑO TOTORO”, proxección matinal do cineclube pontevedra12:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O MEU VECIÑO TOTORO
Hayao Miyazaki, 1988, 86 min., VD

*Proxectarase en versión dobrada e en sesión matinal para que poidan gozar dela tamén as máis pequenas da casa.
*Entrada de balde.

Nos anos 50, unha familia xaponesa trasládase ao campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, traban amizade con Totoro, un espírito do bosque. O pai é un profesor universitario que estimula a imaxinación das súas fillas relatándolles fábulas e historias máxicas sobre trasgos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai se encontra enferma no hospital.

Unha obra mestra de Hayao Miyazaki que volveu ás salas a principios de ano en versión restaurada, e que deu a coñecer internacionalmente ao xenio da animación xaponesa. Natureza, ecoloxismo, infancia, imaxinación e feminismo danse a man nesta obra de culto para para grandes e pequenas

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Sábado) 12:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa