abril, 2018

30abrTodo o Día31xulMUNICIPALO festival Novos Cinemas abre o prazo de recepción de obras para esta edición(Todo o Día) Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Cineastas emerxentes de todo o mundo poden inscribir ata o próximo 31 de xullo os seus filmes nalgunha das dúas seccións competitivas do festival: a Sección Oficial e Latexos, para participar na Edición 03 de Novos Cinemas – Festival de Cine Internacional de Pontevedra, que se desenvolverá entre o 11 e o 16 de decembro deste mesmo ano na cidade do Lérez.

NOVOS CINEMAS é un festival internacional de cine aberto a cineastas emerxentes de todo o mundo que conta con dúas seccións competitivas de ámbito internacional: a Sección Oficial e Latexos, destinada a dar visibilidade a producións de factura máis fráxil e íntima. Poderán concusar todas aquelas longametraxes (a partir de 60 minutos) que supoñan a primeira ou segunda obra dos seus realizadores. Serán admitidos os traballos producidos, ou cuxa estrea mundial tivese lugar, a partir do 1 de xaneiro de 2017; sempre que non fosen estreados comercialmente en España, nin exhibidos en circuitos de televisión públicos ou privados no momento da súa inscripción a concurso. O período de admisión de filmes (DEADLINE) extenderase ata o 31 de xullo de 2018.

+info. en novoscinemas.com

 

Hora

Abril 30 (Luns) - Xullo 31 (Martes)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa