setembro, 2019

23set20:30MUNICIPALO Doc do mes: “Womanhod”20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O ciclo O Doc do Mes trae ao Teatro Principal o filme “Womanhod” (Beryl Magoko, 2018). Proxección en V.O. en alemán, inglés, kikuria e swahili, subtitulada en castelán.

Con 10 anos, Beryl Magoko era unha nena que cre-cía nun pobo rural de Quenia e pensaba que todas as nenas do mundo debían ser “circuncidadas” a través da Mutilación Xenital Feminina (MGF), como un simple ritual de paso da infancia á vida adulta e, sobre todo, de aceptación dentro da súa comunidade. Ninguén a advertiu do sufrimento físico e emocional que iso supoñería nun futuro.

Hoxe en día, Beryl, directora do documental, sabe que a cirurxía reconstructiva é unha posibilidade real coa que podería recuperar o que unha vez lle roubaron, pero non está segura se iso lle axudará a sentirse mellor. E se volve cometer un terrible erro? Está preparada para afrontar o seu trauma?

Entrada de balde ata completar cabida.

+info. en eldocumentaldelmes.com

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X