febreiro, 2018

23febTodo o Día28abrMUNICIPALNOITES ABERTAS 2018(Todo o Día) Concello de PontevedraEvento tipo:Cursos,Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

A XIX edición de Noites Abertas inclúe unha oferta de 97 actividades diferentes, impartidas por 137 monitores/as durante 9 fin de fins de semana, é dicir, 18 xornadas que se alongarán até o sábado 28 de abril.

Nesta edición participan 19 asociacións e clubs deportivos realizando 23 actividades; 15 empresas pequenas e locais (sobre todo autónomos) realizan 22 das actividades ofertadas e prestan 8 servizos e colectivos informais de mozxs e persoas novas a título individual, realizan 49 das actividades.

Entre as 97 actividades diferentes pódense atopar deportes, manualidades, bailes, xogos, actividades musicais, etc…

Para participar nas actividades só hai que ter entre 12 e 30 anos e querer pasalo ben os venres e sábados en Pontevedra. Toda a programación pode consultarse na web www.noitesabertas.gal

Máis unha vez, en colaboración coa Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, Noites Abertas conta co Programa de Acompañamento no Ocio a Mozxs con Discapacidade Intelectual, o que permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades e participar libremente. As persoas interesadas deberán contactar coa asociación no teléfono 986 865 538.

As actividades non requiren inscrición previa agás 7 actividades, que abrirán un prazo de PRE- INSCRICIÓN na web do programa:

– Ruta nocturna en kaiak polo río Lérez.
– Paseo ambiental e observación de aves por Lourido.
– Gran xogo Survival Zombie “Terra de Zombis”.
– Observación astronómica “Un paseo pola Lúa” no observatorio de Cotobade.
– Observación astronómica no miradoiro de Augasantas.
– Roteiro cultural polo río Batán con chocolatada final.
– Escape Music Room.

Aínda así, o acceso a estas actividades será libre cando chegado o momento da súa celebración, quedaran prazas dispoñibles.

O programa mantén o seu compromiso co principio de igualdade entre mulleres e homes. A Comisión de Igualdade velará pola promoción de medidas de non discriminación supervisando o desenvolvemento das actividades e formando ao monitorado para que non se produzan actitudes ou contidos sexistas.

Máis un ano, Noites Abertas tamén contará cunha moza que desenvolve un proxecto de community manager para dotar de contido, xestionar e administrar as actividades nas RRSS de Instagram Facebook así como da propia web do programa.

Desplegable Noites Abertas

+info.: Concellaría de Xuventude – Concello de Pontevedra. Casa da Luz, praza da Verdura s/n 36002 Pontevedra Tel. 986 840367 noitesabertas@pontevedra.gal www.noitesabertas.gal

 

Hora

Febreiro 23 (Venres) - Abril 28 (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Concello de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa