xaneiro, 2020

31xanTodo o Día04abrMUNICIPALNoites Abertas 2020(Todo o Día) Evento tipo:Cursos,Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Chega á XXI edición de Noites Abertas, o programa de ocio alternativo para os venres e sábados.

Todas as actividades van dirixidas a mocidade de entre 12 e 30 anos, agás as que se dirixen a idades concretas.

Tan só 9 das 96 actividades, requiren inscrición previa.

Algunhas actividades teñen límite no número de participantes para o que se farán sorteos das prazas se chegado o caso hai máis participantes ca prazas dispoñibles.

Fai o teu carné de socix. Permíteche participar nos sorteos de Noites Abertas.

Todas as actividades son totalmente gratuitas.

Programa de acompañamento no ocio de Noites Abertas a persoas con discapacidade intelectual

En colaboración coa Asociación Down Pontevedra Xuntos, este programa permite formar un grupo con acompañante para acudir ás actividades, nas que logo se participa libremente, cada quen en función dos seus intereses e xa sen acompañamento. Persoas interesadas contactar coa asociación no 986 865 538.

Comisión de Igualdade

O programa conta con 2 mediadoras en igualdade que colaboran co monitorado do programa para o desenvolvemento non sexista das actividades.

+info. e programa en noitesabertas.gal

 

Hora

Xaneiro 31 (Venres) - Abril 4 (Sábado)

X