marzo, 2019

This is a repeating event

15mar20:00MUNICIPALnoites abertas 2019. xx aniversario20:00 Concello de PontevedraEvento tipo:Cursos,Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Chega unha nova edición de Noites Abertas, o programa de lecer nocturno para os venres e sábados do primeiro semestre do ano e que puxo en marcha o Concello de Pontevedra no ano 1999, polo que vai pola súa XX edición.

O abano da oferta é moi amplo, nela atópase dende actividades deportivas (tenis de mesa, fútbol gaélico, quidditch..) até obradoiros de manualidades (crear haikus ilustrados, estampado de camisetas, artesanía en papel…); dende actividades musicais (batería, creación de APPs, música electrónica…) até obradoiros de cociña (orellas de entroido, galletas, comida vegana, comida portuguesa…); dende teatro feminista até programación de videoxogos; gymkana, xogo de tronos, etc.

Noites Abertas vai dirixido a mozas e mozas de 12 a 30 anos, aínda que hai actividades con idades acoutadas.

Unha edición máis Noites inclúe o programa de acompañamento á mocidade con discapacidade intelectual, coa colaboración da Asociación Xuntos.

Todas as actividades son dgratuítas aínda que hai convocatorias con prazas limitadas. Cando a demanda sexa máis que oferta, sortearanse as prazas.

Tan só 9 das 96 actividades precisan preinscrición para as que se abrirá un prazo na web de Noites Abertas. Son as seguintes: Observación astronómica no observatorio de Cotobade, “Tour Messier”; observación astronómica no miradoiro de Augasantas, Xogos de Tronos (xogo nocturno de estratexia), gymkana programable, noite no camposanto; ruta en kaiak polo Lérez, roteiro polo Gafos, escape book e rastrexo literario.

Información: noitesabertas.gal e nas redes facebook e instagram

CARTAZ NOITES ABERTAS 2019

 

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Concello de Pontevedra

Concello de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa