marzo, 2020

03mar(mar 3)10:0005(mar 5)12:00“Nana para un soldado”. Artes escénicas para escolares de Afundación10:00 - 12:00 (5) Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Os días 3, 4 e 5 de marzo no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra, dentro do programa de artes escénicas para escolares de Afundación, Teatro dos Ghazafelhos presenta o espectáculo de teatro de actor en galego “Nana para un soldado”, dirixido a alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

“A guerra non é un lugar. A guerra non chega ou se vai, está aí… habita nos corazóns atrincheirados e nas mentes con metralla…” Esta é a historia dun momento na guerra presentado dun xeito cómico e poético, amosando o máis duro do conflito, mais tamén o máis fermoso das persoas a través da solidariedade, a amizade, a tolerancia e os valores que nos levan cara á paz.

+info. en escolares.afundacion.org

 

Hora

3 (Martes) 10:00 - 5 (Xoves) 12:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa