decembro, 2019

20decTodo o Día04xanMUNICIPALNadal na Oliva(Todo o Día) Galerías Oliva. 36001 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

“Nadal na Oliva” converterá aos máis pequenos en reporteiros e levaraos de viaxe polo mundo.

O programa da Concellería de Promoción Económica desenvolverase nas Galerías entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro e inclúe actividades gastronómicas, artísticas, creativas e musicais, para crianzas de 3 a 10 anos.

Unha noria e un trenciño serán algúns dos atractivos que os rapaces se atoparán grazas a esta iniciativa, coa que se pretende incentivar as compras nos comercios deste senlleiro espazo.

Unha morea de propostas de lecer, artísticas, gastronómicas, creativas, musicais e, sobre todo, divertidas, agarda ás nenas e nenos que entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro se acheguen ata as galerías máis senlleiras da cidade grazas ao programa Nadal na Oliva.

A iniciativa impulsada pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, no marco das campañas de Nadal Pontevedra, adicará un espazo de tempo de cada sesión á confección dun Xornal de Nadal, no que “os ‘pequerreporteir@s’ máis dicharacheiros converteranse en auténticos xornalistas e recollerán novas, entrevistas, novidades e anécdotas que estean a acontecer neste espazo comercial”.

“Contarase tamén cun Espazo Contacontos, destinarase un tempo a coñecer as tradicións de Nadal de Galicia, por exemplo coa figura do Apalpador, e adicaranse varias sesións a descubrir como celebran o Nadal noutras rexións do mundo, como Rusia, Brasil, Islandia, Nova Zelanda, Hawai, Nova York e Xapón”, sinala Yoya Blanco.

Tod@s aqueles que queiran anotarse nas actividades, que se celebrarán cada día en horario de 17:00 a 19:00 horas, poderán facelo a través da dirección de correo electrónico nadalnaoliva@gmail.com. Entre outras sorpresas, Nadal na Oliva contará cunha noria e cun trenciño para que os máis pequenos o pasen en grande.

CARTAZ E CALENDARIO DE ACTIVIDADES

 

Hora

Decembro 20 (Venres) - Xaneiro 4 (Sábado)

Localización

Galerías Oliva

Galerías Oliva. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa