outubro, 2017

07outTodo o Día03novMUNICIPAL"Murmurios no bosque". Exposición de Francisco Sutil(Todo o Día) Rúa Marqués de Riestra, 11 - 1º Pontevedra. Villa PilarEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

A exposición “Murmurios no bosque”, xira entorno á obra do pintor Francisco Sutil, especializado na pintura de paisaxe, e recolle os últimos traballos realizados baixo esta temática. Paisaxes en clave realista que bebe de antigas fontes como a escola de Barbizon, e cuia principal preocupación radica na observación do natural e os efectos que éstos producen na alma do pintor. De este xeito a paisaxe adquire unha dimensión íntima e de estreita relación entre obxecto, neste caso a paisaxe, e observador.

A preocupación por plasmar a particular atmósfera que inunda corredoiras, bosques e ríos a determinadas horas do día, e a relación íntima que ésta ten co estado anímico do pintor, confire a estes traballos unha dimensión que transcende o meramente subxectivo para convertirse en un elemento que trata de transportarnos ao que semella estar máis alá da realidade. Neste punto radica a metafísica da paisaxe, un lugar de observación atenta, de silencio interior, á espera dunha resposta que nos revele o que realmente esconde a natureza humana.

Do 7 de outubro ata o 3 de novembro no espazo multidisciplinar creativo en torno á arquitectura NEMONON, na rúa Marqués de Riestra 11, 1º, Pontevedra, en horario de luns a venres de 11:30 a 14:30 h e de 19:00 a 20:30h. Sábados de 19:00 a 20:30 h.

 

Hora

Outubro 7 (Sábado) - Novembro 3 (Venres)

Localización

Espazo multidisciplinar creativo en torno á arquitectura NEMONON

Rúa Marqués de Riestra, 11 - 1º Pontevedra. Villa Pilar

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa