xuño, 2020

25xuñTodo o Día27setMUNICIPAL"Morquecho 2000-2020”(Todo o Día) Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Exposicións,Municipal

Máis

Detalles do Evento

“Morquecho 2000-2020” será a volta á actividade expositiva na Sala do Pazo da Cultura de Pontevedra que botará a andar o 25 de xuño e permanecerá instalada ata o 27 de setembro, con máis de 150 orixinais do artista pontevedrés José Ramón Morquecho.

A mostra conta con máis de 150 pezas – algunhas pertencentes a coleccións privadas – de gran formato aínda que imos atopar de todos os tamaños, dunha variedade cromática riquísima que reflicte o seu percorrido vital e as súas viaxes.

Tal e como apuntaba a comisaria, Eva Morquecho, a mostra “Morquecho 2000-2020” ten como fío conductor a querenza do pintor por plasmar o percorrido ao longo destes últimos 20 anos, a partir das viaxes levadas a cabo por diversos países, Vermont (USA), Marrocos , Finlandia, e mesmo a súa estadía de dous anos en Berlín”. Todas elas plasmadas como o propio artista afirmaba, con “moita intensidade. Esa intensidade é a miña característica principal e a miña linguaxe é a cor. É moi importante para min expoñer en Pontevedra, aínda que é unha magoa que meus pais non chegaran a gozar deste evento”.

O percorrido da exposición non vai estar dividido por series (exceptuando unha serie de tintas) nin delimitada por anos. O artista non busca seguir unha orde cronolóxica precisa, senón mostrar as obras deste período de tempo de maneira global, e que o espectador indague, dialogue, se sumerxa na obra dun xeito natural, sen seguir un percorrido concreto.

A obra irá acompañada con poemas e fragmentos de textos escritos sobre a súa obra, que describen o seu traballo e a súa relación coa natureza.

O visitante poderá achegarse e disfrutar da evolución plástica e cromática de Morquecho, onde parte do expresionismo e chega case á abstracción en moitas das obras, utilizando grandes masas de color, case planas, sempre sen buscar un efectismo gratuito, nas que un se mergulla e se funde coa paisaxe.

A entrada é de balde no horario habitual de apertura de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h. e de 18 a 21h, domingos de 12 a 14 e luns, pechado.

Hora

Xuño 25 (Xoves) - Setembro 27 (Domingo)

Localización

Sala de Exposicións do Pazo da Cultura

Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X