novembro, 2018

23nov20:30MUNICIPALConcerto de Morcheeba. Ciclo "Voices"20:30 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Poucos grupos como Morcheeba teñen brillado tanto desde mediados dos anos noventa, cando xurdiron na escena do trip hop, unindo a música electrónica con funk, soul e jazz. As súas composicións seguen a transportarnos a esas paraxes exóticas tan características da banda. O seu ADN segue a ser ese downtempo atravesado por sucos de trip-hop, deixes africanos, e riffs de guitarras e sons de sitar coroados pola voz íntima de Skye. Unha banda moi persoal, difícil de clasificar e que co paso dos años conseguiu facerse un oco no corazón dos seus seguidores, aportando a partes iguais un profundo pozo de melancolía e outro de optimismo. Morcheeba naceu en 1995 e completou oito álbums desde entón, chegando a estar na lista dos 10 máis vendidos de Reino Unido con dous deles.

Agora chegarán a Pontevedra, na única parada en Galicia, para presentar o seu último traballo, ‘Blaze away’ que chegou ao mercado o pasado 1 de xuño.

Entradas anticipadamente en Ticketea, Ataquilla e na Casa da Luz e, de non esgotarse, dúas horas antes na billeteira do Pazo.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa