febreiro, 2018

03feb12:30Mercedes Queixas Zas, Paula Pereira e María Montes. Presentación dos contos e algunha sorpresiña máis12:30 Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

Mercedes Queixas Zas (autora) e Paula Pereira (ilustradora) presentan ‘Xandra a landra que quería voar’.

Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas
das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar. As outras landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non se dará por vencida.

A ilustradora María Montes presentará ‘A brétema’, un conto de María Victoria Moreno situado na aldea de Vilaxeada onde vive unha entrañabel velliña que devece polos aloumiños e agarimo das persoas que viven ao seu carón.

Ambos libros están publicados por Urco Editora, no caso d’A brétema recuperan esta fermosa obra escrita por María Victoria Moreno, autora homenaxeada no día das Letras galegas 2018.

+info. en facebook.com/libraria.paz

 

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa