abril, 2020

25abr12:30MUNICIPALMatinés do Principal: Manel - Per la bona gent12:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Manel regresan co álbum máis sorprendente, artisticamente ambicioso e radicalmente contemporáneo de toda a súa carreira. Dicir que ‘Per la bona gent’ empeza onde acaba o anterior é quedar moi, moi curto. Aínda que os nove épicos minutos de ‘Jo competeixo’ facíannos prever un futuro asollado de hip-hop e electrónica, nada nos preparou para o que o cuarteto barcelonés logra no seu quinto disco.

Cada canción é case un mundo en si mesmo, aínda que hai dúas ideas, unha de produción e outra máis narrativa, que percorren o álbum como curiosas subtramas. Por unha banda, están os múltiples exercicios de apropiacionismo e recontextualización de obra allea, ás veces de forma literal e clásica, pero máis a miúdo a través de samples sorprendentes.

Entradas á venda en Ataquilla.com e o despacho da Casa da Luz a partir de 18€ gastos. De non esgotarse, tamén unha hora antes do inicio do concerto na billeteira do Principal. Dto. do 50% en entradas e abonos para menores de 14 anos.

 

 

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa