setembro, 2017

16set22:30Locus (Duo Kie) en concerto22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

Javier Díaz (Locus) e Eduardo Sánchez (Nerviozzo) forman en 1999 o grupo de rap Duo Kie. En xaneiro de 2017 o grupo disólvese e comezan xiras por separado.

Neste caso Locus chega renovado, ten ganas de amosar a súa voz única ao mundo e presenta o seu novo disco titulado “Kraken”, unha mestura de sons electrónicos con instrumentos reais. Quere demostrar que os seus ritmos escapan do rap convencional e mestura outros estilos diferentes dentro da súa música. Nas letras que interpreta neste novo disco analízanse os aspectos máis complicados da súa vida, tratando este tema con maior profundidade que nunca. Chega á Sala Karma acompañado de Dj Yulian repasando os temazos de Duo Kie xunto a un artista convidado.

Menores de 16 anos con autorización firmada.

Apertura de portas ás 22 h.

Prezo: 8 € (anticipada) e 10 € (billeteira). Entradas anticipadas á venda en Bullit Store e en El Pequeño. +info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa