setembro, 2018

11set20:30MUNICIPAL"Léon Morin, prêtre". Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do filme “Léon Morin, prêtre” (Jean-Pierre Melville, 1961, 130 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Con base na novela homónima de Béatrix Beck (Premio Goncourt, 1952), a acción de Léon Morin, prêtre (1961) transcorre durante a a ocupación francesa polos nazis na Segunda Guerra Mundial. O filme constrúese sobre a base dunha serie de conversas teolóxicas entre un sacerdote (Jean-Paul Belmondo) e unha muller atea comunista (Enmanuelle Riva). Mais, no fondo, é un filme atravesado polo desexo.

Di Melville (en Dirigido por...): «Neste filme, a idea que tratei de expoñer é a da imposibilidade da conversión. Pasada certa idade coido que non existe conversión posible, en ningún aspecto: relixioso, político… Aquí a muller crese atraída pola relixión, mais este misticismo é unha impostura. En realidade está namorada do sacerdote. Atópao guapo e dise: “Cristo é fermoso, non é actuar mal pensar na súa beleza”. En resumo, procura xustificacións e cando non ten o sacerdote para adorar, a súa inclinación apágase».

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa