febreiro, 2019

09feb21:00MUNICIPALLeo Bassi presenta "El último bufón"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

En ‘El último bufón’, o cómico de orixe italiana Leo Bassi repasa os seus 40 anos de traxectoria teatral a través dun descubrimento realizado pola irmá de Leo, Joanna, no arquivo da Fundación Lumière en Lyon, Francia. En maio de 1896, os Irmáns Lumière filmaran ao seu bisavó Giuseppe e ao seu tío Giorgio cando ambos traballaban no Circo Rancy da mesma cidade de Lyon. Son gravacións moi valiosas, probablemente as primeiras imaxes en movemento de pallasos da historia, que nos remontan a tempo a unha era na que Europa aínda tiña toda a súa inocencia e o desexo de vivir.

‘El último bufón’ é unha reivindicación da tradición revolucionaria e antiautoritaria dos pallasos. Algo, quizais, esquecido por unha nova xeración de cómicos que conviven co Poder aceptando producir a comicidade branda dos monólogos televisivos. Nun mundo sempre nas mans dunha elite adiñeirada, crece a necesidade dun Humor popular, libre e optimista que esperte a consciencia das masas.

“Eu Leo Bassi, eu home circense e Ultimo Bufón acepto de novo as responsabilidades da miña estirpe: proclamo o inicio do levantamento bufonesco fronte á apatía ética”.

Prezo: desde 12 €. Entradas á venda en ataquilla.com na billterira da Casa da Luz (praza da Verdura) e de non esgotarse, o propio día do espectáculo unha hora antes.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa