febreiro, 2020

11feb20:30MUNICIPAL"Le notti di Cabiria" - Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección de “Le notti di Cabiria” (Federico Fellini, 1957, 110 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

María “Cabiria” Ceccanelli (Giulietta Masina) exerce a prostitución nun dos barrios máis pobres de Roma, preto das Termas de Caracalla, quilómetro 18 da estrada a Ostia, nos arrabaldes da cidade. Soña con atopar o amor verdadeiro, cun home a quen se entregar en corpo e alma. Mais tal desexo e  a súa bondade, ademais dunha certa inxenuidade, convértena en vítima de sucesivos vividores que se aproveitan dela. As contrariedades non afectan o seu espírito, que cobra esperanzas renovadas unha e outra vez malia os sucesivos fracasos.

Óscar ao Mellor Filme de Fala Non Inglesa, 1957.
Mellor Actriz (Masina) e Mención Especial no Premio OCIC en Cannes, 1957.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asociate: 60 € (ano), 18 € (trimestre) ou 3 € (pase).

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa