setembro, 2018

18set20:30MUNICIPAL"Le Doulos". Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do filme “Le Doulos” (Jean-Pierre Melville, 1962, 108 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Adaptación da novela negra de Pierre Lesou (1957). Maurice Faugel (Serge Reggiani), á súa saída de prisión, arranxa algunhas contas e prepara un novo roubo co seu amigo Silien (Jean-Paul Belmondo). O que non sabe é que no gremio ten sona de ser un doulos, isto é, un confidente.

Di Cristina Álvarez (en Caimán. Cuadernos de Cine): « […] Coa súa trama intricada, a súa iluminación chea de contrastes e a súa narración ateigada de trampas, afunde as súas raíces no noir máis tebroso. Coa complicidade de Jean-Paul Belmondo, o filme pon en escena unha historia onde nada é o que parece e desemboca nun glorioso clímax en que o artificio adquire estatuto de graza».

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa