novembro, 2018

06nov20:30MUNICIPAL'Sehnsucht' (Nostalxia). Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección en VOSE do filme Sehnsucht (Nostalxia), organizada polo Cineclube Pon-tevedra.

Valeska Grisebach, 2006, 88 min., VOSE. (Lingua: alemán)

Markus é un home casado que ten unha vida tranquila, mais está a piques de atoparse con outra das súas vidas posibles, de se enfrontar á dúbida, á perpetua insatisfacción, ao desexo irresoluble de ser outro. Sehnsucht é a tráxica historia de Markus e Ella: contada, cantada, bailada, suxerida, mostrada.

Sehnsucht foi seleccionado para a Berlinale en 2006. Foi Mellor Filme e Premio Fipresci no Festival de Cine de Xixón, e Premio Especial do Xurado no Bafici e no Festival de Varsovia.

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa