febreiro, 2020

04feb20:30MUNICIPAL"LA STRADA" - Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección de “La Strada” (Federico Fellini, 1954, 104 min., VOSE), organizada polo Cineclube Pontevedra.

________________________________________

Trala morte do seu pai, Gelsomina (Giulietta Masina) é vendida pola súa propia nai a un artista ambulante chamado Zampanò (Anthony Quinn). Malia o carácter violento e agresivo deste, a moza séntese atraída polo estilo de vida da strada, sobre todo cando Zampanó a inclúe como parte do seu espectáculo. A pesar do ofrecemento de moitos personaxes que se vai atopando polo camiño para que se una a eles, Gelsomina móstrase fiel a Zampanò até os límites da súa vontade.

________________________________________

León de Prata ao Mellor Filme en Venecia, 1954.
Óscar ao Mellor Filme de Fala Non Inglesa, 1956.

________________________________________

O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asociate: 60 € (ano), 18 € (trimestre) ou 3 € (pase).

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa