xaneiro, 2018

03xan20:3023:59"La Bella Durmiente" coa Russian Classical Ballet20:30 - 23:59 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Música

Máis

Detalles do Evento

“La Bella Durmiente”, unha cegadora obra prima do ballet que encantará o gran público, interpretado pola brillante e prestigiada compañía Russian Classical Ballet, cun esplendoroso elenco de estrelas do ballet ruso, que dan corpo a esta compañía, liderada por Evgeniya Bespalova (como Aurora) e Denis Karakashev (como o Príncipe Désiré).

“La Bella Durmiente” esperta a maxia dos contos de fadas. Un mundo encantado de castelos e bosques, maldicións e feitizos; soamente un bico de amor verdadeiro conseguirá romper o feitizo – a consagración do Romanticismo.

Baseado no conto “A Belle au bois Dormant”, de Charles Perrault, ben ao estilo francés do século XVIII, considérase un dos ballets que máis interese esperta no público.

Repleta de romanticismo e marcada polo lirismo, esta obra representa un gran reto para os bailaríns, sobre todo na interpretación do personaxe principal Princesa Aurora, esixindo un estilo académico cristalino – elegante e fráxil.

Bailado polas grandes compañías de todo o mundo, esta obra prima de Piotr Tchaikovsky é sen dúbida una das máis belas páxinas do ilustre compositor ruso. Eternas melodías como “Rosa Adagio” e “Grande Valse Villageoise” revelan o lirismo do autor. A relación da música de Tchaikovsky, coa coreografía de Marius Petipa é tan perfecta que sería difícil imaxinar outra lectura da partitura. Por iso, música e coreografía nunha simbiose xenial fixeron con que esta peza fose considerada a obra máis emblemática da danza clásica.

Esta produción clásica presenta unha escenografía de incrible beleza e realismo, figurines producidos con detalles suntuosos, un elenco de solistas e corpo de baile irreprensibles liderados por estrelas do ballet ruso. Acepte nosa invitación e asista ao espectáculo que irá marcar a Tempada. Asista á obra prima de Tshaikovsky, un momento imperdible e memorable que certamente quererá compartir. A non perder!

Ballet nun prólogo e dous actos

Música PIOTR ILICH TCHAIKOVSKY

Libreto IVAN VSEVOLOJSKY e MARIUS PETIPA

Coreografía MARIUS PETIPA

Escenografía RUSSIAN CLASSICAL BALLET

Figurines EVGENIYA BESPALOVA

Estrea 15 de xaneiro de 1890, TEATRO MARIINSKY, en San Petersburgo, Rusia

Duración 135 minutos cun descanso 20 minutos

Dirección Artística EVGENIYA BESPALOVA

Prezo: desde 22 €. Entradas á venda en ataquilla.com

PROMOCIÓN DÍA DA MÚSICA: Do venres 16 de xuño ás 08.00 h. ao mércores 21 de xuño ás 23.59 h. Desconto do 21% sobre o prezo da entrada.

 

Hora

(Mércores) 20:30 - 23:59

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa