febreiro, 2020

03feb11:00IV Xornadas "Desfacendo a raia"11:00 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Campus a Xunqueira, s/n. 36005 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…

Máis

Detalles do Evento

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle as IV Xornadas “Desfacendo a raia”, que promove a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (Gálix) coa colaboración da Universidade e que neste 2020 terán como eixo temático a mediación lectora. Abertas á cidadanía, estas xornadas ábrense co relatorio da integrante da asesoría de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia María José Pousa, e contarán tamén coas intervencións da mestra Chus Nuñez e da representante da asociación Espazo Lectura Beatriz Fernández.

Asisten: Vicente Romo, decano da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; e Xosé Antón Perozo, presidente de Gálix

Pola tarde, as xornadas completaranse co obradoiro Versos de aplicación instantánea, que a partir das 19.00 horas, impartirá na sede da Vicerreitoría do campus o poeta e profesor Carlos Negro.

Entrada de balde Non é necesaria reserva.

+info. en uvigo.gal

 

Hora

(Luns) 11:00

Localización

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte. Campus a Xunqueira, s/n. 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa