novembro, 2019

12novTodo o Día14xan"Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas séculos XV-XVII"(Todo o Día) Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

Do 12 de novembro de 2019 ao 14 de xaneiro de 2020 o segundo andar do claustro do Edificio Sarmiento acolle a exposición Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas organizada polo Consello da Cultura Galega. Nela amosase as consecuencias que a expedición Magalhães/Elcano, que partiu hai 500 anos, tivo para Galicia.

Esta formidable viaxe deu ao vello reino galego unha oportunidade de aproveitar a súa situación nas rutas atlánticas, as vantaxes dos seus portos e a tradición dos seus mariñeiros. Os Reis Católicos descartaran Galicia como núcleo da Carreira das Indias, pero os poderosos galegos aspiraban a ter parte nese xigantesco negocio. A Casa da Especiaría da Coruña, de onde partiría a segunda expedición para as Illas Molucas e da cal deberían saír as seguintes expedicións para aquelas afastadas terras das especias, tan desexadas polo europeos,  foi un soño breve, pero deu a Galicia un notable protagonismo que tamén se debe celebrar.

Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo, 3. Horario: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h.

+info. en museo.depo.gal

 

Hora

Novembro 12 (Martes) - Xaneiro 14 (Martes)

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Entrada polo Sexto Edificio. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3 Pontevedra

X