marzo, 2020

This is a repeating event

26marTodo o DíaMUNICIPALIII Congreso Internacional de Mediación Lectora(Todo o Día: xoves) Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

No marco da programación do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o Pazo da Cultura acolle do 26 ao 28 marzo, o III Congreso Internacional de Mediación Lectora, que promoven o Concello de Pontevedra, a Vicerreitoría do campus, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, a rede de investigacíon Lijmi (Literaturas Infantiles del Marco Ibérico e Iberoamericano) e o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Coordinado pola profesora Eulalia Agrelo, e orientado a profesorado en exercicio, futuros docentes, técnicos de bibliotecas e outra serie de actores vinculados á selección de materiais de lectura para a infancia e a mocidade, a terceira edición do congreso terá o humor como eixo temático e contará cos relatorios de Jordi Sierra i Fabra, Ana Garralón, Esther Carrodeugas, o Hematocrítico, Gloria  Sánchez, Kiko Da Silva, Ledicia Costas ou Roger Olmos.

As inscricións, de balde, poderán realizarse a partir do 2 de marzo na web do Salón do Libro.

 

Hora

Todo o Día (Xoves)

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa