xullo, 2018

02xulTodo o Día07II Campus de fútbol Denis Suárez(Todo o Día) Campo de Fútbol da Xunqueira. A Xunqueira. PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Do 2 ao 7 de xullo o Campo da Xunqueira acolle a II edición do Campus de Fútbol Denis Suárez.

O factor humano é o máis importante para o adecuado desenvolvemento do noso campus de verán. Temos moi claro que o persoal é o potencial fundamental co que conta a Organización, xa que entre outras cousas, os monitores, técnicos e educadores serán os que teñan unha maior e máis directa relación cos nenos.

Trátase de que vivan unha experiencia inesquecible á vez que adquiren coñecementos fundamentais para o crecemento das súas calidades deportivas.

Programas específicos deseñados para cada grupo de idades coa intención de que cada neno disfrute aprendendo e adquira coñecementos que lle axuden a seguir crecendo para converterse nun futbolista completo.

Xornada matutina, de 09:00 a 14:00 con adestramento técnico, colectivo, partidos e descansos entre actividades. Para nenos e nenas entre 4 e 14 anos. Prazas limitadas.

Aceptaranse inscricións ata o venres 29 de xuño de 2018.

+info. e inscrición en escueladefutboldenissuarez.com/es/campus

 

Hora

xullo 2 (Luns) - 7 (Sábado)

Localización

Campo de Fútbol da Xunqueira

Campo de Fútbol da Xunqueira. A Xunqueira. Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa