febreiro, 2019

22feb21:00MUNICIPALGustavo Almeida presenta o seu novo disco "Vértice"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

“Vértice” é o novo proxecto musical de Gustavo Almeida, un traballo que vén engrosar, cun cuarto álbum, a súa xa consolidada traxectoria e que lanzará este mesmo mes de febreiro.

Un álbum composto por doce temas que son, en efecto, o que dá nome a este novo disco, un punto onde se atopan o pop máis sofisticado, o funk e a música de autor de Brasil. deses doce temas, xa se publicaron os dous primeiros singles, “Fue de repente” e “El cielo siempre se abre”, que supuxeron un gran éxito na súa recente xira estival, onde os presentou como avance deste cuarto traballo. Gravado en Valencia baixo a dirección de Nacho Mañó recoñecido produtor de artistas como Alejandro Sanz, Niña Pastori, Armando Manzanero, Presuntos Implicados, Santiago Cruz…

Este disco supón un importante paso na carreira de Gustavo Almeida pola solidez do repertorio e a excelencia da gravación.

Prezo: desde 10 €. Entradas anticipadas á venda en ataquilla.com

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa