marzo, 2020

18mar20:30"Giselle" - St Petersburg Festival Ballet20:30 Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 PontevedraEvento tipo:Escena,Música

Máis

Detalles do Evento

Ballet en 2 actos cun descanso.

Giselle é un ballet en dous actos con música de Adolphe Adam, coreografía de Jules Perrot e Jean Coralli e libreto de Théophile Gautier e Jules- Henri Vernoy.

Duración:

· 1º acto – 52 min

descanso – 20 min,

· 2º acto – 50 min.

Obra mestra absoluta do teatro da danza do Romanticismo. Foi estreada en 1841 na Ópera de París constituíndose en peza pura e fundamental da danza clásica, tanto polo tratamento dos ideais románticos como polo emprego da máis refinada técnica teatral do século XIX.

O ballet Giselle constitúe unha das máis puras xoias do ballet romántico.

ST. PETERSBURG Festival Ballet ®

A compañía foi fundada en 2011 por Maxim Zhuchin. Reúne a bailaríns de San Petersburgo, novos e ambiciosos, todos eles con talento.

O propósito da posta en marcha da compañía, foi o desexo de presentar aos amantes do ballet clásico no estranxeiro as novas estrelas do ballet ruso, descubrir ao mundo novos nomes, e axudar aos bailaríns para revelar plenamente o seu talento.

Na formación da compañía tivo unha gran influencia o famoso coreógrafo “ Nikolai Boyarchikov”, quen ao longo de moitos anos foi director artístico do teatro Mikhailovski de San Petersburgo.

No repertorio da compañía figuran os seguintes ballets clásicos: “O Crebanoces”, “A Bela Dormente”, “O Lago dos Cisnes”, “ Giselle”, “ Chopiniana”… ademais destes ballets, o “ St. Petersburg Festival Ballet” a día de hoxe representa obras contemporáneas de novos coreógrafos como Konstantin Keikhel, laureado en múltiples festivais internacionais de ballet.

Actualmente a compañía está a traballar na posta en escena do ballet “A Cincenta”. Regularmente a compañía actúa nos teatros de San Petersburgo, como o Teatro Hermitage, Teatro de Komisargevskaia, B.D. T. de Tovstonogov..

Prezo: desde 27,00 €. Entradas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Mércores) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Aditorio Sede Afundación. Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa