outubro, 2017

27out22:30Fuzzo en concerto. Coa colaboración de Luís Davila22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

Fuzzo é o novo proxecto duns músicos que se sinten cómodos sempre no fío da navalla. Esta formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería.

Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.

Nesta ocasión preséntanse co artista gráfico Luís Davila, que se fará cargo de proxeccións de debuxos que se mesturan coa música en directo.

De todo o que fan estes tíos, pódese dicir que son especialmente habilidosos na deconstrución de debuxos e ideas musicais, e que se teñen aventurado nunha estética más próxima ao rock, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión plástica e musical.

Apertura de portas ás 22 h. Concerto ás 22:30 h.

Prezo: 6 €. Entradas á venda na billeteira da Sala Karma.

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Venres) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa