xaneiro, 2019

21xan(xan 21)00:0019feb(feb 19)00:00MUNICIPALFORMACIÓN EN LINGUA DE SIGNOS. OFERTA FORMATIVA 2019 - XOGA(xaneiro 21) 00:00 - (febreiro 19) 00:00 Evento tipo:Cursos,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, Xoga, organiza a partires do mes de febreiro varios cursos de lingua de signos para distintas franxas de idade e distintos niveis que se desenvolverán na Casa Azul de Pontevedra.

Son oito cursos que cobren as necesidades de todos os públicos.

Hai cursos de lingua de signos para adultos nos niveis A1, A2 e B1.

Cursos conxuntos para adultos e nenos, os denominados “Manciñas” de nivel 1, 2 e 3 para nenos de 4º, 5º e 6º de Primaria cun adulto; de nivel 2 para nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria cun adulto: e nivel 3 para nenos de 4º, 5º e 6º de Primaira sen adulto.

O curso “Xuvenil” é para mozos e mozas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e o curso “Saúde e vida” para maiores de 60 anos.

Para participar os interesados deberán facer unha preinscripción previa no seguinte enlace, onde se lles informará dos prezos e horarios dos cursos: CURSOS LINGUA DE SIGNOS PONTEVEDRA

Cartaz Formación en Lingua de Signos

 

Hora

Xaneiro 21 (Luns) 00:00 - Febreiro 19 (Martes) 00:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa