xaneiro, 2019

25xanTodo o Día08feb"Fóra todo o estrano. A saúde mental na sociedade actual". Mostra de Escultras de Urza(Todo o Día) Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 PontevedraEvento tipo:Exposicións,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Do 25 de xaneiro ao 8 de febreiro móstrase no Café Moderno Afundación de Pontevedra un novo proxecto, promovido pola Concellería de Benestar Social do Concello de Pontevedra, que busca concienciar sobre a diversidade psíquica. Co título «Fóra todo o estraño. A saúde mental na sociedade actual» reúnense unha exposición do artista urza e varios relatorios abertos á cidadanía e a profesionais do ámbito da saúde e do social (Traballo Social, Psicoloxía, etc.), co fin de visibilizar a situación das persoas con diversidade psíquica, normalizar a súa integración na vida pública e liberalos dos estigmas sociais que os rodean.

Este proxecto pretende afondar no coñecemento da situación actual da saúde mental tanto a nivel de poboación xeral como á das persoas en risco de exclusión social (persoas sen fogar, persoas con adiccións, etc); poñendo ao mesmo tempo en valor o traballo de persoas que, padecendo unha enfermidade mental, son quen de levar adiante unha vida normalizada, incluíndo tamén o traballo artístico.

Mostra

O escultor Urza Meléndez interpreta a obra de Samuel Beckett como metáfora da angustia do diferente na sociedade contemporánea, autorretratándose, aínda que recoñecible, como personaxe anónimo, pechado nun cuarto alegórico sen ocos, cedendo o seu corpo ao colectivo da diversidade psíquica, que abarca un amplo espectro. O real fúndese co onírico ao xeito de Antonio Saura, facendo unha nova homenaxe ao Informalismo. urza, o malxestionador das emocións, decidiu poñerlle rostro ao colectivo: o seu propio rostro, o corpo pechado nesa opresiva habitación, cadro a cadro.

Urza Meléndez é un artista con máis de trinta anos de traxectoria no circuíto galerístico. A súa obra está presente en museos, entidades e conta con varios recoñecementos institucionais.

PROGRAMA “A SAÚDE MENTAL NA SOCIEDADE ACTUAL”

+info. en afundacion.org

 

Hora

Xaneiro 25 (Venres) - Febreiro 8 (Venres)

Localización

Café Moderno Afundación

Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 Pontevedra

X