agosto, 2021

06agoTodo o Día16Festas da Peregrina 2021(Todo o Día) Concello de PontevedraEvento tipo:Municipal

Detalles do Evento

Pontevedra aposta pola cultura, na súa definición máis grande e inclusiva, á hora de volver contar, un ano máis, cunhas Festas da Peregrina un chisco diferentes.

O Concello creou un programa de enorme variedade, con base na aposta polo local, as novas tendencias, a unión da vangarda e o tradicional, a variedade total e un obxectivo xeral que é o de ir máis alá da música, ofrecendo teatro, humor, ocio; ademais de non esquecer as crianzas nin excluír ningún rango de idade.

«Serán dez días de programación intensa e variada, e, ao igual co resto da programación do verán como O Son Da Rúa, que comezou no mes de Xuño, quere ser un apoio firme, claro e contundente ao sector da cultura», explica a concelleira de festas, Carme da Silva. «E cando falamos de cultura non falamos só de quen sube actuar aos escenarios, falamos de todo o entramado económico que hai arredor, desde aquel que pon as cadeiras, as luces, o son…».

A edil lembra o pronto que caen este ano as celebracións da Peregrina, entrando no máis cedo que poden ser, finalizando por tanto no ecuador do mes de agosto. «A inmensa maioría de artistas e traballadores que estarán no programa son pontevedresas ou galegas».

Alén do programa musical, da Silva destacou que haberá pasarrúas, teatro, comparsas, humor, retranca e unha programación diaria centrada nas crianzas, nos nenos e nenas de Pontevedra. Doutra banda, o Concello destaca o relevante papel que terán as mulleres dentro da programación, presentes dun xeito importante e visible, tanto cualitativa como cuantitativamente. «Temos moitísimas mulleres que subirán aos escenarios e demostrar que son protagonistas da escena musical». Por suposto, os concertos serán celebrados cumprindo a lexislación actual e tomando como referencia a situación epidemiolóxica no intre que acontezan. Así, haberá un aforo limitado e control de acceso para todas as actuacións. Non haberá reserva de entradas, polo que o acceso será por estrito orde de chegada ao recinto ata completar aforo.

Sobre os recintos, o Concello propón, dun xeito moi semellante ao do no pasado, habilitar catro escenarios ou espazos principais: a Alameda (para a programación infantil) e a Ferraría, a Praza do Concello e as Pistas de Campolongo (para os concertos e espectáculos doutra índole). Seguindo os horarios, estes solaparanse, para evitar aglomeracións.

Doutra banda, e repetindo tamén o formato do pasado 2020, o espectáculos pirotécnico tradicional pasará a ser varios espectáculos de menor tamaño, distribuídos ao longo dos días, desde o sábado e até o último día. Ás 00:00 horas, nunha zona sorpresa que non será revelada para evitar xuntanzas, comezará unha pequena tirada de cinco minutos.

Programa Festas da Peregrina 2021

Máis

Hora

agosto 6 (Venres) - 16 (Luns)

Localización

Concello de Pontevedra

Concello de Pontevedra

X