decembro, 2019

19decTodo o Día02febMUNICIPALexposición 'O segredo da ponte do Burgo'(Todo o Día) Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Exposicións,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura acolle a exposición “O segredo da ponte do Burgo”, promovida pola Concellería de Patrimonio Histórico e na que a información recollida nos diferentes paneis acompáñase da posibilidade de interactuar cos contidos a través da aplicación desenvolvida polo grupo de innovación docente da Universidade de Vigo ComTecArt.

Inserida nas actividades impulsadas polo Concello para celebrar os 850 anos do Foro de Pontevedra, a exposición inclúe, xunto con outros contidos, unha recreación con realidade aumentada da ponte no século XVII.

Horario de apertura da sala: de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos e festivos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Hora

Decembro 19 (Xoves) - Febreiro 2 (Domingo)

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa