xuño, 2018

05xuñTodo o Día07xulExposición "Iso segue o seu curso 2018". Mestrado en Arte Contemporánea. Creación e Investigación(Todo o Día) Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

Do 5 de xuño ao 7 de xullo no Sexto permanecerá aberta ao público a exposición “Iso segue o seu curso 2018”, coordinada polos docentes do Mestrado Xosé M. Buxán Bran e Mar Caldas. A inauguración será o martes 5 ás 20 h.

Desde 2012 a Facultade de Belas Artes de Pontevedra e o Museo veñen celebrando cada ano a mostra Iso segue o seu curso que reúne os traballos do alumnado que está a piques de concluír o Mestrado en Arte Contemporánea: Creación e Investigación.

O título desta mostra fai alusión a ese desexo de que as e os artistas participantes continúen investigando e creando mais aló de ter acadado o Grao en Belas Artes e o Mestrado en Arte e Creación e mais alá de expoñer agora no Museo… Si, certamente todos e todas: docentes e xestores museísticos anhelan que as e os participantes desta exposición sigan o seu curso, sigan a discorrer en novos proxectos, novas investigacións. Esta mostra pois non é un final de ciclo se non un continuar nunha senda de profesionalidade artística, creadora e investigadora.

Desta volta son quince estudantes do Mestrado (9 alumnas e 6 alumnos) que amosan unhas pezas artísticas xurdidas dun ano de investigación e reflexión na compaña de docentes e estudantes. Nesta mostra colectiva participan:

Irina Alegre López

Jugatx Astorkia

Luis Baltar Valencia

Hugo Catania

Sabela Condesa

Raquel Fernández Barreiro

Juan Fontaíña

Iván Graña

Paula Jaraices

Alejandra Lago

Sara Martínez

Santiago Morales

Mariña Pérez Vilar

Brais Romero

Ariadna Yáñez

O Museo, a Deputación e a Universidade invocan con ese título un desexo e unha arela: que as carreiras investigadoras e artísticas destes estudantes a piques de acadar o Mestrado se continúen e enriquezan con novos proxectos artísticos e investigadores e con novos espazos de exhibición e novas cidades onde seguir a pensar a arte.

+info. en museo.depo.gal

 

Hora

Xuño 5 (Martes) - Xullo 7 (Sábado)

Localización

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa