xaneiro, 2019

10xanTodo o Día24febMUNICIPALExposición fotográfica "Memoria industrial en Galicia", de José Chas(Todo o Día) Evento tipo:Exposicións,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Unha selección de 20 fotografías do proxecto de José Chas, algunhas delas inéditas no blogue, realizadas entre 2012-2018 e que inclúen fábricas localizadas nas catro provincias galegas.

Poderase visitar no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 24 de febreiro de 2019 no horario habitual de apertura: Martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14h. Luns, pechado.

Paralelamente á exposición celebrarase unha charla-coloquio aberta ao público sobre o proxecto. Nela abordarase a temática da ruína industrial desde unha perspectiva multidisciplinar (histórica, arquitectónica e artística) e contará coa participación de Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, Cristina García Fontán, doutora arquitecta e coordinadora do Grao en Paisaxe da UDC e Manuel Sendón Trillo, profesor de fotografía na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Será o xoves 17 de xaneiro de 2019 na Casa dá Luz de Pontevedra ás 19:30 h.

+info. en memoriaindustrialengalicia.wordpress.com

 

Hora

Xaneiro 10 (Xoves) - Febreiro 24 (Domingo)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa