setembro, 2017

15setTodo o Día29outExposición "Fábrica de Identidade"(Todo o Día) Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

Once artistas mostran as súas creación en diferentes espazos da zona de cristal do Sexto Edificio no proxecto Fábrica de Identidade. A exposición está comisariada por Be Iglesias, Lara Buyo e Ana Corujo. Nela exhíbense obras de Julio Álvarez Bautista, Amine Asselman, Nuria Bouzas Loureiro, Rebeca Cabaleiro, Daniel Canabal, Loureiro Costa, David Crespo, Mar Ramón e Adriadna Yáñez. Con este proxecto preténdese crear un vínculo que faga dialogar ao artista co espectador (e viceversa) emerxendo un conflito entre conceptos para chegar á confrontación que supón o seu pensamento e postura ante o mundo.

Horario: de martes a sábados: de 10 h a 21 h, domingos e festivos: de 11 h a 14 h. Luns: pechado.

+info. en museo.depo.es

 

Hora

Setembro 15 (Venres) - Outubro 29 (Domingo)

Localización

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa