xaneiro, 2019

25xanTodo o Día22febExposición "Educación en Crise. O sector educativo contemporáneo en crise"(Todo o Día) Casa das Campás. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra Evento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

A Casa das Campás acolle a exposición Educación en Crise. O sector educativo contemporáneo en crise, promovida por nove estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación da Facultade de Belas Artes.

A exposición que ata o 22 de febreiro poderá visitarse na sede da Vicerreitoría do campus reflexiona sobre a situación da educación pública a día de hoxe e sobre como “un dos danos colaterais da crise foron os recortes sufridos no sector do sistema educativo”, segundo salientan as e os impulsores dunha exposición enmarcada nas actividades da materia Proxectos expositivos, que imparte o profesor Xosé Manuel Buxán e na que reúnen unha serie de obras “que pretenden ofrecer unha visión dende dentro dese proceso de desmantelamento da educación pública ao que estamos asistindo na actualidade”, sinalan.

Hora

Xaneiro 25 (Venres) - Febreiro 22 (Venres)

Localización

Casa das Campás

Casa das Campás. Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa