setembro, 2017

15setTodo o Día31outMUNICIPALExposición das Palmeiras, un paseo pola vida do parque en 200 imaxes(Todo o Día) Parque das Palmeiras. PontevedraEvento tipo:Exposicións,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Os arredores do estanque das Palmeiras converterase, a partir do venres 15 de setembro nunha sala de exposicións ao ar libre. Ese día, ás 19 horas, inaugurarase unha mostra de 200 fotos achegadas polos veciños e veciñas da cidade que dan conta da evolución deste espazo emblemático da cidade e tan importante na vida sentimental de tantos pontevedreses e pontevedresas. Na inauguración estarán, entre outros, o alcalde Miguel Fernández Lores e o concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, o arquiveiro municipal, Enrique Sotelo e Meli Fandino, a coñecida locutora radiofónica que tivo a idea de facer a exposición como ramo da rehabilitación do estanque e contorna.

Distribuirase unha publicación sobre as Palmeiras no momento da inauguración e nos establecementos de hostalería da contorna.

O catálogo da mostra inclúe un percorrido histórico polo espazo que hoxe ocupa As Palmeiras dende que se chamaba o Campo da Verdade, hai 800 anos, por ser o lugar onde se executaban os reos. Detense na significativa transformación que a cidade experimentou no século XIX e principios do XX co derrubamento da muralla ata chegar a onte mesmo, cando a rúa Gutiérrez Mellado toma a testemuña da senlleira avenida das Palmeiras para continuala ata as portas do Centro Histórico.

Os textos históricos foron realizados polo arquiveiro municipal, Enrique Sotelo Resurrección.

Tamén inclúe un detallado plano do parque que recolle as 44 especies distintas que se distribúen nos parterres deste cuadrilátero que conforma o xardín histórico máis importante da cidade. Hai unha pequena referencia á iniciativa de Meli Fandiño de promover a exposición fotográfica con sabor a anos 50 e 60 que protagoniza a actual exposición, e tamén unha semblanza do mural “Eterno Retorno” co que se cubriu o pombal de cabo do estanque.

PUBLICACIÓN PALMEIRAS

 

Hora

Setembro 15 (Venres) - Outubro 31 (Martes)

Localización

Parque das Palmeiras

Parque das Palmeiras. Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa